Cristóbal Colón: a descuberta histórica da súa orixe pontevedresa

Debate:

“Cristóbal Colón: a descuberta histórica da súa orixe pontevedresa”

Participantes: Clodio González Pérez (membro da Ponencia de Antropoloxía do Consello da Cultura Galega. Historiador e etnógrafo), José Martinho Montero Santalha (profesor de Lingua e Literatura Galega. Autor da tese As rimas da poesía trovadoresca galego-portuguesa. Catálogo e análise. Presidente da Agrupación Galaico Portuguesa. Especialista na lingua de Colón), Guillermo García de la Riega Bellver (bisneto e biógrafo de Celso García de la Riega. Membro da Asociación Cristóbal Colón Galego) e Manuel Modesto Doval Montes (investigador e divulgador da Teoría Coloniana. Fundador da Asociación Cristóbal Colón Galego).

 

Modera: Carlos Valle (director do Museo de Pontevedra).

Día: luns 3 de decembro de 2012

Hora: 20:00

Lugar: Salón de Actos do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra (rúa do Padre Amoedo Carballo, 3)

O Ateneo de Pontevedra e a Asociación Cristóbal Colón Galego organizan o debate Cristóbal Colón: a descuberta histórica da súa orixe pontevedresa no que intervirán Clodio González Pérez (membro da Ponencia de Antropoloxía do Consello da Cultura Galega), José Martinho Montero Santalha (Especialista na lingua de Colón), Guillermo García de la Riega Bellver (bisneto e biógrafo de Celso García de la Riega) e Manuel Modesto Doval Montes (investigador e divulgador da Teoría Coloniana). O debate estará moderado polo director do Museo de Pontevedra, Carlos Valle.

A actividade terá lugar o vindeiro luns 3 de decembro, ás 20 horas, no Salón  de Actos do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra (rúa do Padre Amoedo Carballo, 3), e conta coa colaboración da Deputación Provincial e do propio Museo de Pontevedra.

 

Sinopse do debate

Partindo da teoría presentada -non seu día- por Celso García de la Riega na Sociedade Xeográfica de Madrid, en 1898, e tendo en conta o descuberto despois da presentación desa teoría, valorarase se a lingua e a toponímia usada polo descubridor, son probas suficientes para atribuírlle a Patria Galega. Outra proba argumental é que o apelido COLÓN só apareza en Pontevedra, antes, durante e despois do Descubrimento (e en ningún outro lugar…).

Desde o nacemento da Teoría Coloniana, os investigadores buscan un Nobre Galego que encaixe no perfil (coñecedor das armas, guerras, con coñecementos das Sagradas Escrituras, etc), e desde hai 40 anos, ese Nobre ten un nome…

Con García de la Riega desmoronouse a teoría do nacemento italiano do Almirante, pero quedan aínda moitas dúbidas por desvelar.

Como se acolleu a proposta polos intelectuais da época?, en que estado se atopa na actualidade?

Procura da verdade histórica?, oportunismo?, unha rendible investigación en termos culturais, turísticos e económicos?

 

Aportacións dos relatores

Durante o debate, Clodio González Pérez falará de Pontevedra e o mar no tempo de Colón, José Martinho Montero Santalha centrará a súa intervención na lingua de Colón, Guillermo García de la Riega Bellver abordará a teoría de Celso García de la Riega ‘Colón galego’ e Manuel Modesto Doval Montes informará da evolución da Teoría de Colón cando ‘entronca’ co personaxe de Pedro Madruga.

Máis información, Eduardo Esteban Meruéndano (presidente da Asociación Cristobal Colón Galego): tel. 679 454 169; Guillermo García de la Riega: tel. 656 499 175; Manuel Modesto Doval: tel. 666 364 165

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.