ARTIGO NA NOSA FALA SOBRE C. COLÓN GALEGO

 

A terra Galega garda no seu seo o testemuño da patria de Colón

A TERRA GALEGA GARDA NO SEU SEO

O TESTEMUÑO DA PATRIA DE COLÓN

E costume o dicir que o home non é dono de sí mesmo, e que polo tanto non pode escoller o seu destino; pero Cristóbal Colón soubo encontrar o seu. Chegou a conseguir os seus propósitos a forza do seu tesón e alteza de folgos, poñéndose a camiñar ó longo dos vieiros de Portugal e Castela. Costoulle angurias e penalidades de anos, pero… o consiguiu.

A entereza deste home excepcional para acadar a realidade dos seus soños son o testumuño de toda unha raza tenaz e emprendedora. Pero o certo é que él non quixo xamáis descubrir o lugar do seu nacemento.

A verdade é que hoxe está probada a súa orixe xudea, e si a isto xuntamos a ascendencia galega, temos que pensar que xamáis os Reises Católicos lle concederían audiencia, xa que a pior tarxeta de presentación á Raíña Sabela, era o nomear a nosa terra, aínda que son tantos e tantos os testemuños que Galicia garda no seu seo encol a Cristóbal Colón. Polo mesmo, é de xusticia o proclamar unha vez máis, que foi o excelso historiador pontevedrés, don Celso García de la Riega, o que espertou a expectación do mundo ó publicar o seu meritorio libro «Colón español», tan enchido de datas históricas encol as orixes do Almirante.

Estas sorprendentes novas do investigador chegaron moi lonxe, e os descendentes dos galegos que séculos atrás afincaran no Novo Mundo, levando a nosa linguaxe, anosa historia, e o noso carácter étnico, fixeron xuntamente ós milleiros de novos emigrantes, que se acollera con gran entusiasmo a causa do señor de la Riega, mais coma sempre sucede cunha grande obra, xurdiron prestos a difamación e a envexa. E incluso houbo persoaxes ilustres con pertencia á Real Academia Galega, que negaron a autenticidade de máis de vinte documentos dos séculos XV e XVI atopados nos Arquivos de Pontevedra, e que dan constancia de familias chamadas «de Colón».

Deste xeito, o académico Oviedo y Arce, emprendeu a tarefa de anular a orixe galega do Almirante, chegando incluso a negar a antigüidade do histórico Cruceiro de Portosanto, que levaba máis de catro séculos afianzado diante dunhas ruinas, ás que as xentes do pobo aínda chaman hoxe «A casa de Colón». E o certo é que estas persoas simples e sinceras nunca minten, e tan só repiten de xeración en xeración o que escoitaron ós seus devanceiros.

Este Cruceiro no su basamento ten unha antiga inscripción que hoxe difíclmente pode lerse, por estar tapada ca terra e cemento, e que discubriu don Prudencio Otero, e descifrouna ós comenzos deste século o arqueólogo don Luis Gorostola. E dí así: «Juan Colón Rº año 1490».

Incripción investigada incluso por eruditos extranxeiros, na que a Rº, interprétase coma Recuerdo o Reconstruido. O Cruceiro foi lamentablemente apartado do seu orixinal lugar e incluso derrubado por un coche, e non obstante, no seu tramo máis longo, aínda pódense ver os sinos da Paixón, nos que algúns investigadores creron ver dibuxos de «peces», que por certo ademáis de formar parte da nosa liturxia, ben poderían ser emblemas de mariñeiros. Pero dun xeito incomprensible, o señor Oviedo y Arce negou a autenticidade do Cruceiro, coa absurda explicación de que na súa base decía: «Juan D´Outeiro Año 1870».

Pero, curiosamente, Xan D´Outeiro foi un escritor festivo daquelas datas que nada ten que ver con Portosanto.

Tamén afirmou Oviedo y Arce que polo ano 1490 non existían Cruceiros en Galicia. Pero Castelao, na súa famosa obra «Cruces de Pedra», afirma que os cruceiros son tan propios da nosa terra, que xurden do mesmo «menhir», e que ó longo dos séculos transformáronse en Cruces. E para máis abondo, temos na Terra Chá Lucense, no antiquísimo Santuario de Bascuas, nunhas das súas ermidas, unha estrana Cruz de Pedra que, ó parecer, data do século XII.

E moi recentemente, hai pouco máis dun mes, o arqueólogo Pablo Novoa Alvárez, confirmoume persoalmente o seu criterio encol á antigüidade do Cruceiro de Portosanto, onde tanto as xentes do lugar coma as árboles e as flores dos campos, o mesmo que os paixariños que levan no seu pico unha semente florida, ben saben que coma líricamente dixo Cabanillas,un varal florecido púxose en pé, estendeu os brazos e se fixo Cruceiro”.

Pero xunto a este testemuño pétreo, o mesmo co que encóntrase na igrexa de Santa María de Pontevedra, temos que axuntar o que nos deixou o propio Colón, dando nomes da terra galega as illas, ríos, montes, portos e bahías que ía descubrindo. Cousa moi difícil de ter esplicación xa que as imperfectas Cartas Naúticas daqueles tempos, ben malamente poderían sinalizar con tanta municiosidade as costas de Galicia. E aínda que así foxe, nada dirían para un marino italian, mallorquín, catalán o da Alcarria, xa que tan só un nativo das nosas terras, podería impresionarse ante unha pequena illa, descubrida na segunda viaxe, que coa súa fermosura, chea de piñeiros e exuberante e verde vexetación, fixo exclamar ó Almirante: «¡Chamarémoslle La gallega

 

Sin pensalo, Cristobal Colón acababa de mostrar ó mundo a súa mellor partida de nacemento…

 

El Ideal Gallego, 10 de Novembro de 1986

 

Josefina López de Serantes

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.