Oscar Ibáñez nos presenta este trabajo de música Folk, donde algunos entendidos sorprendidos por su calidad, lo sitúan a nivel de Milladoiro y Carlos Núñez.
Como buen vecino de Poio (Pontevedra), aprovecha para hacer un poco de patria y rememorar a su paisano «Colón», recuperando unos poemas olvidados de «Ramón Cabanillas».
De aquén e de alén do mar
(Prólogo XURXO SOUTO)
¡O que Celt desotóu contra o Destiño,
poñendo por volado o fondo mar,
segulndo sempre ó sol no seu camiño
Colón, filio de Celt, teño de atar!
Somos un pobo de artistas. Na cerna da música galega está a mestura. Un salgado alimento de vida que chegou -que segue a ir e vir- polos camiños do mar. Par. cosmopolitas nós. Todos temos un avó que parou en Buenos Aires, todos unha bisavoa que aprendeu en Cuba o son do danzón.
Sábeo ben Oscar Ibáñez, o gaiteiro de Porto Santo (nota 1). inquedo, virtuoso, aprendeu dende moi novo a arte do toque pechado dos vellos mestres de Pontevedra. E conforme máis rabuñaban os seus dedos na enxebreza, máis recendía no punteiro o son de América.
Como Ricardo Pórtela, Os Soutelos de Montes, don Perfecto Feijoo co seu coro Aires d’a Terra, como fixera hai máis dun século o Ventosela, Oscar tamén cruzou o Atlántico. E enleadas nesas síncopes africanas que fan bailar ao Novo Mundo -tango, candombe, danzón ou choro o gaiteiro de Porto Santo encontrou as melodías desta ribeira.
Aquén e alén do mar. Oscar estaba preparado. E un día do ano 96, cando andaba a procurar máis saber nos arquivos do Museo de Pontevedra -fonte vizosa dos seus propios mestres-, descobre a profecía. Falo do poema O filio de Celt de Ramón Cabanillas. Conforme o le por vez primeira recoñécese nos seus versos e asúmeo, emocionado, coma unha encomenda: Compre reunir unha tribo, alianza salgada de talento, e crear a gran rapsodia transatlántica.
Antes da historia, o heroe Celt, caminando sempre cara o oeste, seguindo a rota do sol, conduce a súa tribo até os eidos de Galicia, Canso da viaxe, aquí espeta a súa espada. E -prodixio extraordinario- da fenda no chan agroma auga, sepáranse as térras, e afástase, vagando polo océano, ese anaco de mundo que algún día haberemos chamar América.
Miles de anos despois, onda o Lerz, río máxico, medra un emporio do mar: Helenes, peirao de arribada das naves de Irlanda. Alírecala a «Gallega», caravela abenzoada que un descendente de Celt -Colón de Porto Santo- será quen de guiar até a outra ríbeira. (nota 2)
En todas as fisterras atlánticas latexa un mesmo arquetipo: O océano como sinónimo de morte. Mais non morte como destrución, senón como coñecemento absoluto, o Alén, ese misterio que nos transcende.
Velaí o camiño de Santiago, viaxe física símbolo dunha gran viaxe interior. Canto máis avanza o peregrino cara o oeste, maior é a súa sabedoría. Día a día tras da rota do sol, até chegar ás portas do Máis Alá, á fin do mundo.
Por iso todas estas ribeiras falan da illa do paraíso. Situada na outra banda do mar maior, só poderán acceder a ela as persoas verdaderamente sabias: O xardín das Hespérides, o Tir na Nog dos mitos irlandeses, a illa de San Brandan ou de Santo Amaro navegante.
Moitos a procuraron e tivo que ser Colón, da xente de Celt, quen revelase para sempre o seu misterio.
Ofuturo é o pasado. Tivo que ser outro de Porto Santo, Oscar Ibáñez, quen lie puxese son a esta epopea: A grande aventura dos galegos polos caminos do mar -dende a Moureira a Cuba, dende Arxentina a Raxó-, viaxe de ida e volta que non acaba aínda que acabe o mar.
Todo estaba escrito, abofé. Atou Colón as térras que Celt desatou. Só cumpría que Oscar Ibáñez, gaiteiro! e a súa Tribo convertesen en música tanta viaxe, tanta vida, tanto océano!
1 Porto Santo -parroquia de San Salvador, concello de Poio- é tamén o lugar orixe do almirante Colón. Así o publicou en 1914 Celso García de la Riega. Dende entón varios estudos continuaron a achegar datos que avalan esta tese. E San Salvador foi precisamente o nome que elixiu Colón para bautizar a primeira térra que atopou alén do Atlántico.
2 Todos en Pontevedra saben que Colón naceu na outra beira da ría. Sábeno tamén na outra banda do mar. Velaí na Florida, Ponte Vedra Beach -antes Mineral City-, que mudou de nome por decisión dos seus vecinos para honrrar cada día á térra natal do descubridor de América.
O fillo de Celt – fragmentos
Ramón Cabanillas
A tribu ía en precuro
dunha lonxana térra
que soñara,
na que no-había sombra
nin escuro,
onde era a luz, eternamente serea,
limpa, maina e serea.
Do gran Celt ó comando
os guerreiros do clan á descoberta
e ó seu acougo os vellos, os meniños
as mulleres o gando,
seguindo ó sol na súa ruta certa,
rompendo touzas virxes, sin camiños
as almas acendidas,
nos beizos as cancións dos adiviños
e dos bardos druídas,
a tribu ía adiantando quedamente
até que a luz morría no oucidente.
Xornada tras xornada
unha morna mañán de primaveira
ollóu a tribu pola vez primeira
-pasmada, latexante,
ateigados os peitos de ledicia-
a terra benamada
que, séculos adieante
foi chamada Galicia.
Tremente, Celt, baixou do seu asento
e espindo a antiga, milagreira espada
no circo astral dun dolmen de conxuro
polas mans dun loxano abó forxada,
con brazo forte e duro,
até a cruz do batido empuñamento
afundéuna no chan.
Erguéuse un vento
que abateu os chouzales con estrondo
e a terra esburacada
no seu máis irto fondo
foi fendida e ó longo separada.
Polo furo, xurdéu o mar bruante
lanzando ó creo inxente e inmenso
tormentoso, arrabiado, asoballante
que brandando caiéu no aberto laño.
A terra virxe, por demáis belida,
da celénica tribu inda iñorada,
de albas escumas, arredor cinguida,
nas ágoas a ferver ficóu vagante
e cara ó sol que morre encamiñada,
paseniño alonxóuse mar adiante.
Neto dos netos do gran Celt, un día,
do Lerz, o sagro río, na ribeira,
axexa do outo mar a lonxanía,
coa alma nun ensoño viaxeira,
garrido mozo de mirar sereo
que na inquedade dun estrano arrobo,
ve locir as estrelas de outro ceo
e soña eos irmáns dun mundo novo.
De volta dun viaxe,
polos mares da Irlanda,
-dezaoito remeiros cada banda,
tódolos trintaseis do seu linaxe-
bota os rizóns ó pé da antiga ponte
antre a bulla da xente cramorosa,
o veleiro navio que comanda
Domingo Fonterosa.1
Ó crarordo luar
a cibdade sosega.
E alá, medio da ría silenzosa,
encendéuse a brilar
a farola de proa de «A Gallega»;
a caravela sagra e misteriosa
que un dia verá térra alén do mar!
O mozo que axexaba
os camiños do mar na lonxanía,
axoenllado de dolor choraba
fonda e segreda coita,
cando, da noite á donda claridade,
trasposto ó ceo, escoita
a voz da Saudade:
«¡Tí eres, Ti, o unxido e o escolleito!
¡O Mar das Trevas, longo e tromentoso
aberto e ceibe está; grorioso feito
ten de ser o teu soño miragroso!
¡O que Celt desatóu contra o Destiño,
Poñendo por valado o fondo mar,
Seguindo sempre ó sol no seu camiño
Colón, filio de Celt, teño de atar!»
Nota do editor: Domingo Fonterosa, heterónimo do propio Colón de Pontevedra, pois compendia o nombe do seu pai, Domingo Colón e o apelido da súa nai Susana Fonterosa.